Sorprendente transporte subterráneo de vehículos autónomos

Redacción     2 decembro 2016      2 min.
Sorprendente transporte subterráneo de vehículos autónomos

A empresa de arquitectura PLP Architecture desenvolveu unha rede de túneles subterráneos que poderían solucionar o problema do tráfico nas cidades.

 A empresa de arquitectura PLP Architecture desenvolveu un medio de transporte a través de túneles subterráneos para vehículos autónomos. Esta solución denominada "Cartube" (túnel de coches) utiliza un sistema de intelixencia artificial que controla os vehículos autónomos mediante un control central. Os coches viaxarán nunha placa que transportaría os pasaxeiros de porta en porta, reducindo significativamente o tráfico nas cidades.

“Estímase que en 2050, tres mil millóns de persoas novas ocuparán áreas urbanas en todo o mundo. Hai unha gran necesidade de crear tecnoloxía que resolva este problema. Cando falamos de grandes cidades que xa están conxestionadas, a mellor solución é promover o transporte subterráneo”, di o director de investigación de PLP Architecture, Lars Hesselgren.

Este sistema eliminaría os atascos nas cidades e permitiría que os vehículos circulasen con fluidez. PLP Architecture deseñou un prototipo para a cidade de Londres deste sistema de transporte subterráneo. O mapa ficticio mostra as distintas canles que comunican as zonas subterráneas coas autovías que se atopan nos arredores da cidade.

Sorprendente transporte subterráneo de vehículos autónomos

Esta idea será proposta a todas as cidades emblemáticas do noso continente, aínda que Heselgren prevé que a súa idea teña unha mellor acollida en localidades emerxentes.

"Os desenvolvedores de tráfico urbano das cidades desenvolvidas seguen a utilizar o mesmo enfoque que hai 30 anos. Por este motivo, sospeito que Gran Bretaña non levará a cabo primeiro a nosa idea, pero un país que queira saltarse unha xeración de tecnoloxía comprará a nosa idea”, di o director de investigación.

Comentarios pechados